Curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), en Gondomar

triptico“O Patrimonio arqueolóxico no Val Miñor e Baixo Miño:
modelos de aproveitamento sostible e didáctica ambiental”

En colaboración con INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS, a UIMP vai celebrar un curso de verán os días 7, 8, e 9 de maio en horario de tarde e sábado pola mañá.
Ademais de contar co prestixio e calidade que representa unha institución como a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, participarán recoñecidos expertos no tema, tanto a nivel galego como a nivel estatal ou
internacional.

 


O curso vai estar centrado na arqueoloxía, con especial atención ao patrimonio arqueolóxico do Val Miñor e Baixo Miño. Está dirixido a estudantes, profesores, estudosos e profesionais que desexen ampliar a súa
formación neste período histórico. Tratarase, por parte dos especialistas, a situación actual e perspectivas de futuro do patrimonio arqueolóxico desta zona e tamén as experiencias que se están levando a cabo noutras partes do estado español e portugués, casos de Conimbriga, Atapuerca ou Foz Côa, por exemplo.
Contribuirá, asemade, a descubrir as enormes posibilidades didácticas que nos ofrece o patrimonio histórico, non solo enfocadas ao seu coidado e conservación, tamén á súa difusión e estudo por escolares.
Faranse visitas a xacementos para comprobar in situ o seu estado:
escavacións, delimitación, proxectos de posta en valor, aproveitamento didáctico para escolares e público en xeral.
Para máis información poderanse dirixir á propia UIMP, delegación para Galicia, en A Coruña ou ao Instituto de Estudos Miñoranos, en Gondomar.
Haberá tamén aloxamento por un módico prezo (20 euros pensión completa). Os interesados/as en asistir poden reservar praza dende este momento no correo direccion@minhor.org ou no tfno. 680 644 490 enviando os seguintes datos:
Nome e apelidos, DNI e Enderezo postal.
Para estudantes a US Compostela concede 1 crédito, mentres que a U da Coruña e a de Vigo recoñecen 2 créditos por 30 horas. Para profesores a UIMP recoñece 30h.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: