I Certame Musical de Grupos Noveles “Concello de Gondomar”

:·:·: ¿TOCAS OU CANTAS NUN GRUPO DE MÚSICA DO VAL MIÑOR?
¿O TEU GRUPO NON É PROFESIONAL?
E… ¿QUEREDES TOCAR EN GONDOMAR? :·:·:

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar dáche unha oportunidade e invitavos a tódolos que teñades un grupo de música a participar no I Certame Musical de Grupos Noveles.
A Concelleira de Cultura Dna. Fátima Rodríguez no ánimo de fomenta-la proxección artística musical dos grupos noveles do Val Miñor así como as súas tendencias creativas neste ámbito, convoca o I Certame Musical de Grupos Noveles “Concello de Gondomar” para todos os estilos musicais; no que os premios non serán outros que a contratación para participar na carteleira da Programación Oficial de Cultura en citas como Rock no Río’ 09 o peche do Ciclo de Concertos de Verán’09, o Concerto da Noite das Alfombras’10, o Concerto para a celebración do Día das Letras Galegas’10 ou o Concerto da Verbena do Enterro da Sardiña’10.
A clasificación a decidirá o propio público mediante votación  na noite de cada concerto. E os concertos celebraránse durante 5 sábados consecutivos sendo o primeiro o sábado 20 de Xuño.
As bases e a documentación necesaria para a inscrición neste Certame pódese recoller dende o luns 18 de Maio no Departamento de Cultura do Concello de Gondomar no horario laboral (luns de 13.00 a 19.30 e de martes a venres de 8.00 a 14.30) sito nos baixos da Casa da Cultura. O prazo de inscrición rematará o 18 de Xuño ás 14.30 horas.

B A S E S
1. A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar organiza o I Certame Musical de Grupos Noveles que terá lugar durante os catro sábados do mes de Xuño e o primeiro do mes de Xullo de 2009, á partir das 22:30 horas, e tendo como escenario a Praza do Centro de Saúde de Gondomar.

2. Neste certame poderán participar todas aquelas Agrupacións Musicais do Val Miñor que estean dadas de alta como grupo ou asociación e nas que tod@s compoñentes teñan máis de 16 anos no momento da inscrición (os menores necesitarán dun permiso acreditado para participar).

3. O número máximo de agrupacións participantes limítase a dez (se actúan 2 grupos por concerto). Como principal criterio de selección establécese a orde de inscrición no Departamento de Cultura do Concello de Gondomar pero o Concello resérvase o dereito de admisión neste certame.

4. A inscrición para este certame deberá realizarse no Departamento de Cultura do Concello de Gondomar no horario de atención ó público (luns de 13.00 a 19.30; e de martes a venres de 8.00 a 14.30), hasta o 18 de Xuño ás 14.30.
Asimesmo, deberán acompaña-los formularios de inscrición e de aceptación das bases
*unha fotocopia do CIF da agrupación.
*un rider (necesidades técnicas de son)
*un listado co repertorio que se vai interpretar
*un compromiso firmado por todos e cada un dos compoñentes comprometéndose á participación nas datas nas que lles correspondan (definidas pola Concellaría de Cultura), quedando descalificado o grupo ó que lle falte este documento ou non cumpla con el.

5. O Certame inclúe concurso e terá como sistema de clasificación a votación do público asistinte que poderá recolle-la súa papeleta de votación na mesa de son en cada concerto.

Non haberá gratificación económica, pero os clasificados volverán actuar en eventos próximos:
1º Clasificado: No Rock no Río 2009
2º Clasificado: Peche dos concertos de Verán 2009
3º e 4º Clasificado: Na noite das alfombras 2010
5º e 6º Clasificado: Día das letras galegas 2010
7º e 8º Clasificados na verbena do enterro da sardiña 2010

6. A orde de actuación dos grupos inscritos será dedicida pola Concellería de Cultura en función do estilo musical que interpreten. No caso de producirse continxencias que impidan seguimento da orde establecida, a nova orde será anunciada con tanta antelación coma sexa posible.

7.Cada agrupación disporá de dúas horas para interpreta-lo séu repertorio non sendo obrigatorio ocupar máis do 50% do tempo. Nembargantes, sí estará obrigada a interpretar exclusivamente pezas de composición propia.

8 .As versións de cancións doutros grupos non poderán ser incluídas nos repertorios dos grupos participantes, puidendo ser obxecto de descalificación.

9.A participación neste certame supón a aceptación de todas e cada unha destas bases.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: