O PP de Gondomar pregunta ao alcalde “se ten pensado celebrar o pleno de xuño ou se xa está de vacacións”

Os populares recordan que a sesión plenaria tíñase que ter celebrado o pasado 4 de xuño, “como tódolos primeiros xoves de mes”. Así o establece a normativa de funcionamento dos plenos, “algo que sabemos que o BNG non acostuma a cumprir”.
O grupo municipal do PP de Gondomar reprocha ao BNG que “a incertidume e a falla de periodicidade dos plenos supoñen un perxuízo para os concelleiros da oposición, os únicos que traballan e levan propostas ás sesións plenarias”.
O PP pregunta unha vez máis polo pago das facturas pendentes aos provedores do ano 2007. No pleno de marzo aprobouse, co apoio do BNG, unha moción para que se aboasen as facturas pendentes. Os empresarios seguen sen ter noticias dos pagos “nunha época difícil para todos”

O pasado xoves 4 de xuño tíñase que ter celebrado o pleno ordinario correspondente a este mes. Pero “o BNG volve a facer das súas, porque xa estamos na segunda semana do mes e aínda non temos notificación algunha sobre a convocatoria da sesión plenaria”, afirma o voceiro do PP de Gondomar, Carlos Silva. A normativa dos plenos en Gondomar establece a súa celebración tódolos primeiros xoves de cada mes.
O PP recorda que “non é a primeira vez que denunciamos o desinterese que manifesta o BNG con respecto á celebración dos plenos. Houbo meses en que non se celebrou, directamente”. Así Carlos Silva pregunta ao alcalde Antonio Araúxo “se ten pensado convocar o pleno ordinario de xuño ou, pola contra, xa está de vacacións e non avisou a ninguén”. Carlos Silva esixe explicacións ao goberno de Gondomar, xa que “esta incertidume, así como a falla de periodicidade dos plenos, supoñen un perxuizo enorme para os concelleiros da oposición, que como todo o mundo sabe son os únicos que traballan e levan propostas ás sesións plenarias”, afirma. Deste xeito aconsella ao BNG que “polo ben de Gondomar, deixen traballar aos que se preocupan polos veciños e convoquen de inmediato o pleno de xuño. Nós, e o resto da oposición, temos dereito a presentar as nosas propostas e preguntar ao goberno sobre a súa xestión Se vostedes non teñen ningún asunto que levar ao pleno, non é xustificación para que non convoquen a súa celebración”. Carlos Silva denuncia que “esta artimaña para silenciar á Corporación denota unha actitude antidemocrática e radical, algo que a estas alturas xa non nos sorprende”.

Pagos pendentes
Por outra banda, tras abordar o asunto en diversas sesións plenarias e ver aprobada unha moción ao respecto no pleno de marzo –moción que contou co voto a favor do propio BNG- o PP de Gondomar volve a esixir “de inmediato” o pago das facturas pendentes desde o 2007 aos provedores municipais.
O PP recorda que “existen numerosas empresas que prestaron determinados servicios para o Concello ata o mes de setembro de 2007 e que non cobraron os seus traballos”. Silva recalca a “inxustiza” desta situación, xa que empresas contratadas polo BNG a partires desa data si cobraron. Por ese motivo, e “máis aínda tendo en conta as actuais circunstancias económicas”, estes provedores “non poden seguir sendo discriminados polo BNG”. “Son épocas difíciles para todos, pero Antonio Araúxo quere sexan aínda máis para os que non son os seus amigos”, conclúe o voceiro municipal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: