Entrega do “II Pergameo de valedor dos curros” a Pepe de Piñeiro

festas_currosCon motivo da chegada das datas de celebración dos curros que se celebran no concello de Gondomar, a concellaría de Medio Ambiente organiza unha cea, o próximo día 12 no restaurante “Casa Florita” de Vincios, na que se fará entrega do “II Pergameo de valedor dos curros” a José Figueroa Freiría, Pepe de Piñeiro, como recoñecemento ao seu labor de anos como propietario de cabalos ceibes no monte e á súa entrega e colaboración na celebración dos curros.

O acto contará coa presenza de Xosé Luís Méndez Ferrín, posuidor do I Pergameo, e de xentes amantes dos curros e dos cabalos. Como complemento á celebración dos curros, este ano farase en varios bares de cadansúa parroquia, unha exposición de fotografías tomadas nos de Morgadáns, San Cibrán e Galiñeiro, que se farán públicos no seu momento.

Ademais o Concello facilitará, igual ca o pasado ano, a instalación de retretes biolóxicos e tamén servizo de ambulancia e Protección Civil para maior comodidade e seguridade de tódolos asistentes a esta ancestral festa.

Nos bares que se citan a seguir, das parroquias onde teñen lugar os curros celebraranse exposicións de fotografías de cadanseu curro, que estarán abertas desde o próximo martes, dia 16, ata o martes, 14 de xullo.

Donas: Bar Gonda
Morgadáns: Bar Salón (San Roque)
Bar Robledo (Prado, na subida ao Monte Aloia)
Vincios: Bar Florita (Os Arcos)
Bar Alonso (estrada xeral Porriño – Gondomar)
Bar Herma “ “ “
Bar Dembos “ “ “

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: