Recital de Guitarra Clásica a cargo do guitarrista californiano Tony D’arco na “Aula de Cultura de Ponte de Rosas”

tony_d_arco

O Instituto de Estudos Miñoranos organiza o próximo venres 12 de xuño, ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) un recital de guitarra clásica a cargo do guitarrista californiano Tony D´Arco.

Tony D´Arco (Los Ángeles, 1952) comeza a estudar guitarra acústica co seu avó en New York. Máis tarde, en Los Ángeles continuará os seus estudos de guitarra clásica, harmonía, improvisación e composición. O
seu interese pola guitarra española fai que se traslade, unha curta tempada, a Sevilla para logo asentarse en Galicia (Santiago de Compostela e Vigo) onde desenvolve a súa carreira como profesor de guitarra e músico, participando en diferentes grupos de jazz e música de cámara para dedicarse finalmente á composición e a interpretación como solista.
O próximo venres 12 de xullo poderemos gozar de obras renacentistas como Pavan e Fantasía de Luís de Milán, barrocas Hornpipe de Henry Purcell, Sarabande e Gavotte in A Minor de JS Bach así como tamén de obras contemporáneas de Villalobos, Leo Brower e Ralph Towner.

Advertisements

Unha resposta to “Recital de Guitarra Clásica a cargo do guitarrista californiano Tony D’arco na “Aula de Cultura de Ponte de Rosas””

  1. Muy bien!! Es esta noche!! (:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: