Obradoiro coa ilustradora Chus Ferrín na casa da lectura

:·:·:·:·: Espazo Lectura organiza unha nova actividade de animación na Casa da Lectura :·:·:·:·:

ChusFerrinA ilustradora Chus Ferrín ofrecerá mañá mércores, 17 de xuño, ás 18:30h, na Casa da Lectura, o obradoiro “O que hai no mar”. A actividade, dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos, incluirá lendas sobre sereas, mostras de traballos de ilustración feitos a partir de recursos que se poden obter do mar e unha parte final na que serán os propios nenos e nenas os que fagan unha proposta de ilustración. Este obradoiro forma parte da programación que a Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas – 36388 – Gondomar) está a ofrecer todos os mércores de 17:30h a 19:30h.

Chus Ferrín naceu en Vigo en 1968. É licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura. As súas obras foron obxecto de diversas exposicións e tamén recibiu o premio de escultura Cidade de Lugo. No campo da ilustración para literatura infantil e xuvenil ten publicados A encontadora (2003), Buguina namorada (Xerais, 2003), Contos prodixiosos (Xerais, 2004), Unha de lobos (Baia, 2005) e O ladrón de paxaros (Baia, 2006), entre outros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: