Congreso “Educación e Emigración (1900-1936)” mo Ies Escolas Proval de Nigrán

Entre o 29 de xuño e o 3 de xullo celebrarase no IES Escolas Proval de Nigrán o Congreso “Educación e Emigración (1900-1936) O congreso organízase con motivo do 1º Centenario das Escolas da Unión Hispanoamericana Valle Miñor (1909-2009).
O IES Escolas Proval, o Instituto de Estudos Miñoranos e o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega organizan o congreso.

O 5 de xaneiro de 1905 constituíuse en Buenos Aires a Unión Hispano Americana Pro-Valle Miñor unha das sociedades de emigrantes pioneiras que perseguía entre outros obxectivos a creación de centros de educación e instrucción xeral, escolas prácticas de artes e oficios, campos de experimentación agrícola, clases nocturnas para adultos, bibliotecas populares, museos de obxectos hispanoamericanos e conferencias de divulgación científica.

Catro anos máis tarde, en 1909, con 180 alumnos iniciouse o primeiro curso das Escuelas Hispano-Americanas que chagaría a acadar os 400 alumnos nalgúns anos. En 1915 inaugurouse un edificio propio que na actualidade forma parte das instalacións do Instituto de Ensino Secundario Escolas Proval.

A emigración a América é un dos fenómenos máis significativos da nosa historia contemporánea. Desde o punto de vista da súa relevancia social, a emigración supón un feito colectivo de singular importancia na Historia de Galicia. Non sería posible comprender a nosa realidade actual pasando por alto o sedimento sociocultural e político que o movemento migratorio deixou na nosa memoria ao longo dos dous últimos séculos, período de tempo que se mantivo como transvasamento masivo ou torrencial. Do mesmo xeito, non sería xusto ignorar a transcendencia positiva que significou o resultado da súa intervención escolar no proceso de dignificación e institucionalización do ensino primario dentro do territorio galego no primeiro terzo do século XX.

O congreso organízase en tres paneis:
• Galicia no primeiro tercio do século XX
• O labor educativo da emigración galega e as Escolas da Unión
Hispano-Américana Valle Miñor
• Emigración e educación: de onte para hoxe
O congreso desenvolverase en sesións de mañá e tarde e comezará cunha lección maxistral do Catedrático de Historia Contemporánea da USC e Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares e clausurarase con outra lección do Catedrático de Estructura Económica da USC Xosé Manuel Beiras. Os longo da semana que durará o congreso participaran moitas das persoas especializadas en historia xeral do período, economía, historia da educación ou teorías pedagóxicas.

O custe da matrícula normal é de 40 euros e para estudantes e parados é de 30€. Neste prezo están incluídos os petiscos do convivio do luns 29 de xuño.

Para a matricula cumpre enviar os seguintes datos:
Nome e apelidos, DNI, Enderezo postal e electrónico, Teléfono, Profesión ao correo electrónico direccion@minhor.org ou ben ao enderezo postal:

Aula de Cultura “Ponte de Rosas”
Avda. da Feira, 10 baixo, Apartado 30,
36380, Gondomar

Para facer efectiva a matricula hai que ingresar 40 euros, ou 30 euros, segundo o caso, na conta de Caixanova 2080 0035 11 0040023076

A actividade está recoñecida cun crédito de libre configuración polas Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago. Tamén se certificarán 30 horas de formación como méritos para oposicións, etc.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: