Comunicado de prensa da Oposición de Gondomar

“Diagnóstico da realidade política do Concello de Gondomar”

Os grupos da oposición da Corporación de Gondomar –PP, PSOE e MoveGondomar-, que presentaron unha Moción de Censura contra o alcalde Antonio Araúxo, mantiveron ao longo desta fin de semana diversos encontros de traballo co obxectivo de detallar e profundizar no diagnóstico da situación administrativa, política e social na que está inmerso o Concello de Gondomar tras dous anos de goberno en Gondomar. A continuación, detallamos esta análise.

1. Situación da economía local
1.1 Sen orzamento e a golpe de modificacións de crédito
En dous anos de xestión municipal, o BNG non só pasou totalmente por alto a aprobación duns orzamentos municipais, senón que nin sequera presentou un borrador dalgún deles (2008 e 2009) ao resto de grupos municipais. Polo tanto, a xestión económica do BNG foi totalmente nula. O goberno do BNG sempre gardou silencio respecto diso e tras a insistencia de toda a oposición-que chegou a acusar ao Bloque de traballar cuns orzamentos “encubertos” tras as reiteradas e insistentes modificacións extraxudiciais de crédito para facer fronte ás necesidades municipais- o alcalde Antonio Araúxo anunciou nos medios de comunicación a presentación dun borrador dos orzamentos de 2009, que sería no mes de maio. Evidentemente, non cumpriu a súa palabra. A tónica xeral destes dous anos foron as continuas aprobacións de modificacións de crédito para dar osíxeno ao grupo de goberno. Por ese motivo, e ante a negativa do BNG de abonar o pago dos provedores pendentes de pago ata setembro de 2007, o a oposición advertiu ao BNG que non votaría a favor de ningunha modificación máis ata que non se pagasen as facturas pendentes.

1.2 Perdas de subvencións
O prexuízo do BNG en Gondomar (tanto desde a Xunta de Galicia como desde o propio Concello) tradúcese en preto de 1,2 millóns de euros perdidos en subvencións. Para empezar, a Consellería de Cultura, a través da dirección xeral de Patrimonio, retirou unha axuda de 720.000 euros para a construción da piscina. Desde a Consellería de Medio Rural, o Bloque tamén suspendeu o saneamento das Razas e Caxide, orzado con 196.000 euros. Pola súa banda, o goberno local deixou escapar 100.000 da Deputación de Pontevedra para obras de saneamento, así como 140.000 para o paseo fluvial, procedentes dos fondos Proder.

1.3 Plan E
O último gran escándalo da xestión económica do concello de Gondomar está relacionado co plan de dinamización da economía promovido polo Goberno central para facer fronte á crise económica. Así, dentro do denominado Plan E, o Goberno destinou 2,3 millóns ao municipio. Estes fondos, os máis altos da historia postos a disposición do goberno local de Gondomar, en mans do BNG derivaron unha vez máis en escurantismo e desinformación á oposición. Desta forma, o BNG “despachou” os 2,3 millóns nunha listaxe de actuacións que o PP, PSOE e MoveGondomar coñeceron non a través do Concello de Gondomar, senón na páxina web de Ministerio de Administracións Públicas. O máis lamentable é que no Pleno Ordinario celebrado o 2 de xaneiro de 2009 creouse unha comisión de seguimento deste plan, co obxectivo de consensuar as obras a realizar. No entanto, nun novo incumprimento de acordo plenario, o BNG non tivo en conta á oposición e aprobou as obras pola súa propia conta. No pleno ordinario do mes de abril de 2009 a oposición viu aprobada unha moción na que se pedía ao BNG toda a información dispoñible en relación a estas obras (prazos de execución, custo, empresas adxudicatarias?). De non entregala aos grupos, recorríase á Fiscalía. Non a entregou.

2. Plenos
2.1 Convocatorias e contido dos plenos

O BNG pasou dunha puntualidade “británica” ao máis absoluto descontrol á hora de convocar plenos. Así, desde fai aproximadamente un ano, o Pleno Ordinario non se celebra coa periodicidade que estipula o Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Gondomar (BOP 13 de xaneiro de 2000, nº8). É máis, en repetidas ocasións os partidos da oposición reclamaron nos medios a convocatoria de plenos ordinarios, denunciando a ausencia de plenos e o silencio administrativo do goberno de Antonio Araújo. Posteriormente o BNG propuxo o cambio de horario e lugar de celebración dos plenos. Agora celébranse os últimos xoves de cada mes, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. Os veciños seguen sen acudir aos plenos (o que se perseguía co cambio), pero agora tampouco van os medios de comunicación. ¿Tamén se perseguía isto?.

Tamén en relación aos plenos municipais ordinarios chama a atención a absoluta falta de contido dos mesmos nas ordes do día propostas polo BNG. Unha cuestión realmente alarmante tendo en conta os problemas do municipio (urbanismo, economía, etc.). Por exemplo, no último pleno (mes de abril de 2009) o BNG só levou unha cuestión a pleno: a cesión dun local á asociación Avelaíña. A iniciativa e a proposta de cuestións de interese para o conxunto dos gondomareños correron a cargo da oposición nas últimas sesións plenarias.

2.2 A iniciativa, sempre da oposición
O goberno en minoría do BNG levou ao Concello de Gondomar a unha paradóxica situación na que os que mandan están na oposición. Así, fronte aos 12 membros da oposición, os 5 concelleiros do grupo de goberno non foron capaces de impor a súa postura nin sacar adiante os seus puntos, véndose “obrigados” a asumir cuestións ás que abertamente se opón. O resultado é unha perversión do xogo democrático, no que a iniciativa de gran transcendencia para os veciños de Gondomar corre a cargo dos grupos da oposición. Esta situación radicalizouse nos últimos meses, principalmente a raíz do papel decisivo que tivo a oposición á hora de condenar o Plan Integra (anunciado a finais de abril de 2008) e liderar o clamor popular contra o plan de infraestruturas proposto pola Xunta Bipartita. Noutra orde de cuestións, a oposición tamén tomou a iniciativa á hora de recuperar o PGOM do 2006 (anteriormente explicado), a adecuación do proxecto técnico da piscina municipal, o pago de facturas pendentes, a recuperación e o dragado do río Miñor, etc, etc.

2.3 Incumprimentos de acordos plenarios
O incumprimento sistemático dos acordos plenarios por parte do BNG foi un dos detonantes do profundo malestar que se vive na política municipal. O BNG, nun continuo desafío ás normas básicas da democracia, pasou por alto todo acordo plenario promovido pola oposición, sen respectar as decisións do foro de debate político máis importante para a xestión municipal.

O primeiro exemplo está na proposta para a retirada de Plan Integra, que contou co voto a favor do BNG tras introducir unha emenda, pero da que non existe constancia de que saia no seu momento do Concello. No entanto, e unha vez que a chegada do PP á Xunta garante a supresión de devanditas obras, a cuestión máis transcendente para os veciños é o urbanismo. No verán de 2008, a oposición púñase de acordo en que a mellor solución (tanto por custo económico, xa que se aproveitaba o traballo feito, como por prazos de tempo) era recuperar o PGOM de 2006, suspendido na súa fase de exposición pública en 2007. Como recolleron os medios de comunicación no seu momento, o goberno puxo trabas á hora de entregar unha copia do documento orixinal para o seu estudo, evidenciando a súa oposición a estudar o Plan.

En canto á adecuación do proxecto técnico da piscina, informe pendente para o inicio da construción da obra, o Pleno xa aprobou nunha ocasión a modificación extraxudicial de crédito de 23.000 euros que facían falta para redactalo. Todo, co obxectivo de que os veciños tivesen piscina, non se perdesen as subvencións (entre elas unha de 400.000 euros da Deputación) e non houbese que indemnizar á construtora Thelabel por incumprimento de contrato. Todo sexa dito, esta era a intención do goberno do BNG. Unha vez aprobada a adecuación do proxecto, descoñecemos se o goberno deu paso algún para cumprir a vontade do pleno.

En canto ao pago a provedores pendentes (da anterior lexislatura), a oposición viu aprobada unha moción na que se garantía que se faría por rigorosa orde cronolóxica, aínda que desde o goberno tampouco se deu ningún paso.

Para finalizar, o último e máis escandaloso incumprimento dun acordo plenario –xa mencidonado anteriormente neste comunicado- foi o relacionado coa xestión das axudas estatais do Plan E.

3. Infraestructuras y Servicios
Neste apartado, lamentablemente, Gondomar tampouco experimentou evolución algunha nos últimos dous anos. Mentres que obras xa terminadas como o pavillón de Donas seguen sen ser dotadas de servizos básicos (luz e auga) para a súa apertura aos veciños, outras como a piscina municipal seguen sen ser realidade a pesar de que o proxecto está adxudicado e pendente do inicio da obra. Tal e como se explicou no comunicado anterior existe un acordo plenario para aprobar a modificación orzamentaria necesaria (23.000 euros) para adaptar o proxecto da piscina ao código técnico. Antes de nada, é necesario destacar que, se xurdiu a necesidade de redactar este novo documento, foi polo atraso no inicio das obras, listas para o seu comezo a finais la lexislatura pasada. Existindo un acordo plenario de adaptar proxecto ao código técnico, o Goberno de Gondomar deixou de lado -dunha forma descarada- o proxecto, argumentando unha e mil escusas para dilatar a súa execución. Mentres tanto, a empresa adxudicataria esixe unha indemnización e a revogación do contrato, alegando o atraso e o futuro incerto das obras. A todo iso hai que sumar o risco de perda dunha subvención de 400.000 euros concedida ao concello de Gondomar pola Deputación de Pontevedra, que saíu en axuda do municipio cando o BNG -desde a Consellería de Cultura- retirou os 720.000 euros asignados á obra da piscina.

Outra das infraestruturas anunciadas polo goberno de Gondomar é o novo Centro de Saúde de As Ánimas. O BNG vendeu ao grande que os terreos eran froito do desbloqueo urbanístico que iniciara o Bloque, cando a realidade é que estes terreos son resultado do proxecto de compensación dun plan especial para unha urbanización próxima, dentro do estipulado como cesión de terreos para dotacións. Por outra banda, a oposición esixiu tamén en pleno toda a documentación sobre esta obras, así como prazos de execución, dotación orzamentaria para a súa construción -o BNG dixo na prensa que custaría tres millóns de euros-. O goberno tampouco fixo entrega da devandita información.

En canto ao Plan Sectorial e de urbanización para o desenvolvemento do Polígono Empresarial de A Pasaxe, o BNG informou no acto de presentación (abril 2008) que as obras iniciarían no prazo dun ano. Agora, superada a primeira metade do 2009, non se sabe absolutamente nada do proxecto, unha iniciativa da anterior Xunta de Galicia, nin das súas características. É necesario destacar que o proxecto inclúe o traslado do actual campo de fútbol de A Pasaxe e a construcción dun novo, tal e como está pactado cos comuneiros.
A tan traída e levada gardería municipal de Gondomar, aberta finalmente este ano cun atraso de máis de nove meses con respecto á data sinalada polo goberno do BNG, segue con luz de obra. Unha obra, por certo, que antes da súa apertura xa estaba superada polas necesidades dos veciños.
Para rematar, e como mostra do deixamento do equipo de goberno do BNG, o PP deixou en funcionamento un servizo demandado polos veciños e imprescindible nos nosos días: a rede wi-fi gratuíta. Pouco despois, o servizo deixou de funcionar. Nesa mesma situación atópase dous anos despois, a pesar de que o Centro Neural dispón de antena emisora e todo o equipo técnico necesario.

4.Urbanismo
O urbanismo de Gondomar paralizou de xeito absoluto ó municipio nos dous últimos anos. O goberno do BNG chegou anunciando cambios, cambios que xamais se produciron. É máis, calquera proposta promovida polo BNG para dar solución ao urbanismo tras a suspensión da tramitación do PXOM de 2006 (en marzo de 2007) supuxo un paso atrás para o urbanismo de Gondomar. A continuación relatamos os principais acontecementos que tiveron lugar en relación ao urbanismo nos últimos anos.

4.1 Delimitación de núcleos
Desde que o BNG chegou ao goberno do Gondomar falou unha e outra vez de “desbloquear o urbanismo de Gondomar”. Desta forma, desde finais de verán de 2007 anunciou a posibilidade de dar un paso previo -a modo de solución eventual- á redacción dun novo Plan de Urbanismo. Esta solución foi a proposta de iniciar a delimitación de diversos núcleos rurais, algo ao que a oposición mostrou as súas reticencias desde o primeiro momento. Non só pola incongruencia de delimitar uns núcleos, e outros non. Tamén polo criterio que establecía cales delimitaríanse e porqué. A proposta do BNG foi debatida, e rexeitada, nun Pleno Extraordinario (maio 2008).

4.2 Declaración de lesividade dun novo PXOM
Ante as denuncias de “escurantismo e falta de transparencia” da oposición en relación á tramitación dun novo PXOM anunciado polo BNG, PSOE e MOVE solicitaron a celebración dun pleno (finalmente celebrouse a finais de xullo do 2008) para declarar “lesivo para os intereses de Gondomar” a redacción dun novo documento. No pleno ordinario dese mes (día 3 de xullo) a oposición denunciou que a aprobación do Prego de Condicións do novo Plan aprobárase nunha Xunta de Goberno Local do 3 de xuño, ás costas do resto de partidos e sen contar coa súa opinión. No devandito pleno do 3 de xullo, o PP viu aprobada unha moción para instar á anulación de devandito acordo.
Finalmente, a raíz do pleno celebrado a finais de xullo o BNG volve a levar o urbanismo de Gondomar aos xulgados, esta vez para que se estude a lesividade que supón para Gondomar un novo Plan Xeral, paralizando así o proceso ata os nosos días.

5. Comportamiento agresivo e insultante do Alcalde
A través dun panfleto titulado “Be-Ne-Ga-Gondomar, voceiro do Bloque Nacionalista Galego” e tamén en Internet, o alcalde de Gondomar non se privou de difamar nin calumniar aos membros da Corporación, alleos ao BNG, incluídos os do Grupo Municipal de PSOE de Gondomar, que cos seus votos fixeron posible que Araúxo Quintas estea na Alcaldía.

Este talante provocador e irrespectuoso non se reduce aos concelleiros alleos ao seu grupo político, senón tamén aos veciños asistentes aos plenos, botando man dos seus propios familiares e amigos de filas para que molesten, insulten e descualifiquen a outros veciños.

6. Deterioro da institución municipal.
Tendo en conta os antecedentes, e tamén o que sucede a diario cos veciños que non comporten a tendencia política do grupo de goberno de Gondomar, é necesario pór de manifesto o deterioro que nos últimos dous anos sufriu o Concello de Gondomar como institución ao servizo de todos os cidadáns. Así, asistimos á súa transformación nun baluarte propagandístico do BNG -cunha actitude prepotente e déspota- e vimos como a crispación, crítica e o inconformismo apropiábanse do conxunto dos veciños de Gondomar. Todo ten como resultado o amplo descontento dos cidadáns deste municipio e dos membros da Corporación de Gondomar con respecto ao alcalde Antonio Araúxo e o seu grupo de goberno.

Polas razóns expostas neste documento é necesario propor esta moción de censura ao alcalde e formar un goberno estable de coalición entre os 11 concelleiros asinantes, que reactive a xestión municipal e comecen a traballar de inmediato no desenvolvemento e execución dos proxectos pendentes. Apostamos por un goberno de avance, unidade e consenso, que aposta por desenvolver a súa xestión municipal baixo criterios de legalidade, transparencia, cohesión, eficacia e respectuosa atención ás demandas e necesidades xustificadas de todos os veciños. O goberno resultante nace co obxectivo firme de impulsar a actividade municipal en todos os seus aspectos, dentro das posibilidades económicas do municipio, e fortalecer a vida democrática e o Estado de Dereito, con pleno respecto da Constitución.

Martín Vicente Urgal Alonso
Candidato á alcaldía – Partido Popular de Gondomar

Alfonso de Lis Fiúza
Voceiro do PSOE de Gondomar

Manuel Núñez Sestelo
Voceiro MoveGondomar

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: