Programación Cultural Gondomar 2009

O venres 24 de Xullo na Praza da Alameda de Gondomar, ás 22.30 horas o Concello de Gondomar da inicio a súa programación de Cultura para este verán 2009

Despois de facer unha complicada selección para artellar unha programación cultural variada e aberta a tódolos públicos de Gondomar para este ano 2009; a Concelleira de Cultura Dna Fátima Rodríguez Areal presenta a unha programación cultural no Concello de Gondomar ampla e variada.

O venres 24 de Xullo ás 22.30 na Praza da Alameda empeza a programación de Verán co Concerto de LOS TERRIBLES DE DONAS Agrupación centenaria de música popular que leva amenizando os tempos actualizándose nos séus compoñentes.
O sábado 25 de Xullo ás 22.30 no mesmo escenario, o alumnado da ESCOLA DE DANZA CONTEMPORÁNEA DO CONCELLO DE GONDOMAR, interpretarán magníficas coreografías que lles teñen levado a actuar internacionalmente e participar en concursos de prestixio Nacional e Internacional.
O venres 31 de Xullo ás cantareiras do famosísimo ”Piripipí” ou sexa a agrupación de nada menos que 20 compoñentes femeninas MALVELA estará en concerto a partires das 22.30 na praza da Alameda de Gondomar
O sábado 1 de Agosto a partires das 22.30 no escenario da Praza de san Bieito baixo o copatrocinio de Caixanova, a compañía cómica catalana TRICICLE actuará para todo o público asistinte co espectáculo “CLOWNIC – 100% TRICICLE”
Os días 7 e 8 de Agosto a Compañía THE PINGA TEATRO deletará os gustos teatrais de nenos e adultos cos espectáculos “Casting Tour” e “Unha rosa no xardín” no Auditorio Lois Tobio e previo pago da entrada.
O venres 14 de Agosto e o domingo 16 a partires das 22.30 no Parque da Coelleira de Gondomar Caixanova copatrocina o Cinema na Rúa en Gondomar, as proxeccións serán “Kung Fú Panda” e “Mamma mía”.
Pero na mesma fin de semana, o sábado 15 de Agosto, ás 22.30 na Pza da Alameda haberá unha actuación dobre no escenario: “Carunchos” e “Tanxedoras” gaiteiros e pandereteiras de sona actuando xuntos deleitarán ó público con músicas populares e bailadoras.
O sábado 21 de Agosto e xa pensando no público xove, o polifacético e recoñecido internacionalmente “Tonhito de Poi e a Rasa Loba” (excompoñente dos Herdeiros da Crus) estarán a partires das 22.30 en concerto no escenario montado no Parque da Coelleira de Gondomar.
Pero non remata aquí a programación de Verán, entre o 18 e o 30 de Agosto, a partires das 22.30; no seu compromiso de colaboración e itinerancia cultural nas parroquias, a Concelleira de Cultura Dna Fátima Rodríguez Areal ten programado un pequeño ciclo de nove Proxeccións de Cinema ó Ar Libre nas Parroquias que compoñen o concello de Gondomar; onde se presentarán nove películas de estreno diferentes; unha en cada emprazamento.
E como peche das actividades no casco urbano neste verán, o sábado 22 de Agosto a partires das 22.30 no escenario montado no Parque da Coelleira, a concelleira de Cultura congratúlase de presenta-la II Edición do Festival Rock’no’Río’09.
Festival pop-rock que acollerá este ano a agrupacións de músicos noveles e profesionais de ampla traxectoria, locais e foráneas: Moon Cresta, Blue Jeans, Ted Striker, ou Inlogic… entre outros.
Por outra banda é gratificante tamén poder confirma-la recente firma do Convenio anual coa Rede Galega de Teatros e Auditorios polo que este ano como xa ven sendo tradicional está programada a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño 2009 que se celebrará nos tres primeiros sábados de Decembro e acollerá en horario nocturno, e previo pago de taquilla como se acorda no convenio, tres magníficas obras de teatro:
“Historias Tricolores” de Cándido Pazó; “Altra bilis” de Teatro de Ningures e “Un morto moi vivo!” de Acontrabutaca.
A concelleira de Cultura Dna. Fátima Rodríguez Areal programou ademáis dentro deste convenio un ciclo cheo da espectacularidade da maxia: GODOMAXIA’09 Catro extraordinarios ilusionistas en escena. Os catro sábados de Novembro o ilusionismo e a maxia apoderarase do Auditorio Lois Tobío de Gondomar a partires das 10.30 da noite. Grandes espectáculos de magníficos profesionais do ilusionismo e de gran recoñecemento nacional e internacional como son:
O incrible Mago Romarís presentará a súa última montaxe “Estrelas da maxia”, o gran Ilsuionista Martín Camiña engailola ó espectador na producción que leva por título “Feitizo”, a fantástica parella formada polo Mago Vituco & Jessica farán as delicias do público máis exixente; e o magnífico Ilsuionista Kiko Pastur que encherá as emocións dos asistenetes co séu espectáculo “Somorbrujo” .
Todos eles demostrarán que a velocidade dos séus movementos supera a percepción dos nosos ollos e a racionalidade da sesistencia con excepcionais números de maxia e ilusinismo que nos séus espectáculos cheos de luz e música envolvente nos trasladarán a escenarios múltiples propios dos grandes espectáculos de Las Vegas.
Con esta programación cultural variada e innovadora, a Concelleira de Cultura Dna Fátima Rodríguez Areal espera ter satisfeito os gustos tanto do público local, como os dos visitantes da nosa Vila o longo deste Verán e os meses de Novembro e Decembro 2009

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: