Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos

Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por oitavo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.

Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes –excepcionalmente ao anoitecer- dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado (ver documento que se adxunta) e conta coa colaboración de diversas institucións.
Tres ciclos de xeirasEste verán preparamos xeiras en tres ciclos con diferente tipoloxía. Xunto as xa clásicas rutas de sendeirismo por diferentes lugares do noso entorno que conforman o primeiro ciclo, iniciamos este ano saídas marítimas polo contorno próximo ao Val Miñor, con especial referencia á toponimia do mar.
Unha das saídas atende de maneira interdisciplinar á existencia na serra da Groba de vellos Foxos de lobos, de uso tradicional durante séculos. Relacionaremos esta saída (o día de San Lorenzo) coa observación do firmameto.
O martes, 7 de xullo, primeira das xeiras do verán 2009: Saída pola baía de Baiona no motoveleiro Nauja
As 18,30 horas do martes 7 de xullo sairá do peirao da Lonxa de Baiona o motoveleiro Nauja que, baixo a guía de Xosé Lois Vilar, nos levará pola mar de Baiona-Cabo Silleiro, con especial mención da rica toponimia creada polos mariñeiros durante centos de anos. O custe é de 18 €, e será preciso anotarse previamente no teléfono 629 11 41 62.

  

Data e hora

Saída

Guías

Punto de encontro

7 xullo, martes

18,30

Saída pola baía de Baiona.

No veleiro Nauja.

Prezo: 18 €*

Xosé Lois Vilar

Peirao da Lonxa. Baiona

9 xullo, xoves

17,30

Polas ribeiras do río Muíños

Fernando Lahuerta

Local do IEM

15 xullo, mércores

17:30h

Ruta de sendeirismo circular por Peitieros e Morgadáns

Antonio Lago

Xosé Ramón García

Local do IEM

23 xullo, xoves

17:30

Baiona histórica

Carlos Méixome

Praia da Ribeira de Baiona. Xunto estatua de Afonso VIII (“IX”)

28 xullo, martes

20,00

Saída nocturna pola baía de Baiona. No veleiro Nauja. Prezo: 18 €. *

Xosé Lois Vilar

Peirao da Lonxa. Baiona

30 xullo, xoves

17:30

Ruta pola fraga de Oliveira

Xilberte Manso

Xosé Ramón García

Praza de Sabarís

6 agosto, xoves

17:30

Polo río Morgadáns: da Ponte das Animas aos muíños da Serra.

Alfredo López

Local do IEM

10 agosto, luns

20:00

Noite de estrelas e lobos

Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso, Enrique Alonso Blanco

Praia de Santa Marta

Baiona

20 agosto, xoves

17:30

Ruta de sendeirismo pola Portavedra

Xilberte Manso

Xosé Ramón García

Local do IEM

27 agosto, xoves

20:00

Ruta polo río Vilar- A Pedreira

Xosé Lois Vilar

Xilberte Manso

Praia de Santa Marta

Baiona

*. Paras as saídas marítimas é preciso anotarse previamente no tfno. 629 11 41 62. Durante o mes de agosto terán lugar outras dúas saídas marítimas pola baía de Baiona, con similares prezos, e datas que se anunciaran oportunamente.

Local do IEM: Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: