Comunicado de Prensa da Oposición de Gondomar

Os plenos ordinarios de xuño e xullo
Os grupos da oposición de Gondomar manifestan ante os medios de comunicación o seu malestar ante o que consideran “a última perversión de Antonio Araúxo como alcalde”. Así, en relación aos plenos ordinarios celebrados esta semana, a oposición de Gondomar reafirma a súa postura e manifesta que “unha vez convocado un pleno extraordinario para o debate dunha moción de censura non ten sentido ningún convocar un pleno ordinario, e moito menos dous”. PP, PSOE e MoveGondomar recordan que o pleno celebrado onte, tíñase que ter celebrado o primeiro xoves do mes de xuño, e “non na mesma semana que o de xullo, sen convocar ningunha comisión informativa, tarde, mal e arrastro, seguindo a tónica xeral dos últimos anos”. En opinión da oposición estes plenos non son máis que “un teatrillo para que Antonio Araúxo exprima o seu victimismo ata o final”.

En canto ao punto do orde do día en relación ao pago de provedores, a oposición recorda que foi unha iniciativa dela, aprobada por unanimidade no pleno celebrado a finais do mes de abril, e debatido con anterioridade en diversas sesións plenarias. A oposición pregunta ao BNG por qué agora, neste momento, leva a pleno a aprobación da modificación de crédito necesaria para poder pagar aos provedores, tres meses despois de aprobarse a moción. Así recordan que o BNG xustificou o retraso na necesidade de saber de canto diñeiro dispuña o Concello para poder facer fronte a estes pagos. Para iso necesitaba coñecer a liquidación orzamentaria do exercicio do 2008, auditoría que naquel intre non se tiña realizado. Agora a oposición pregunta ao BNG se existe a mencionada liquidación, cando se fixo, cal é o seu resultado e por que non a deron a coñecer con anterioridade. Ademais pregunta a Antonio Araúxo sobre o orzamento que estaba redactando e que, segundo dixo na prensa, levaría ao pleno no prazo de dúas semanas. Eso o dixo a principios de xuño.

Finalmente a oposición de Gondomar lanza unha mensaxe tranquilizadora aos provedores, aos que garante o pago de facturas pendentes, “unha das primeiras medidas que adoptará o goberno de avance e consenso de Gondomar”.

Grupo de goberno
Por outra banda, os grupos da oposición de Gondomar queren manifestar, unha vez máis, que as dedicacións exclusivas non son nin serán prioridade do futuro goberno de Gondomar. A prioridade neste intre é Gondomar. Así, insisten en que o reparto de áreas de traballo se levará a cabo unha vez finalizado o pleno extraordinario do vindeiro 7 de xullo. Unha vez finalizada a estructura do goberno, e en función do peso, importancia e transcendencia para a vida diaria do municipio de cada unha das áreas, se establecerán o reparto de dedicacións, mediante a firma dos correspondentes decretos e a aprobación plenaria das devanditas dedicacións.

Martín Vicente Urgal Alonso
Candidato á alcaldía – Partido Popular de Gondomar

Alfonso de Lis Fiúza
Voceiro do PSOE de Gondomar

Manuel Núñez Sestelo
Voceiro do MoveGondomar

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: