III Festival Folclórico Internacional de Nigrán

A Concellaría de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Valverde Pino, quere informar aos medios de comunicación social que dentro da Programación Cultural de Verán 2009 para o martes día 7 de Xullo está programado o III Festival Folclórico Internacional ás 22:00 horas no antigo Campo das Redes de Panxón, actual aparcadoiro fronte as pistas polideportivas.

Tras o éxito de edicións anteriores, a Concellaría de Cultura, volve a realizar, xa por terceiro ano consecutivo, dentro da Programación Cultural de Verán 2009, unha nova edición do Festival Folclórico Internacional.

Este ano contará coa participación dos grupos Folklor and Cultural Asociación Koprivnica de Croacia, procedentes da capital da provincia do mesmo nome, fan un tipo de folclore moi auténtico coa característica de empregar unha gaita moi similar a galega, Emsemble Folk Silistra de Bulgaria, que leva sesenta anos subido ao escenario e son todo un referente no mundo da música tradicional e moi respectuosos coa tradición do seu país, e da Asociación Folclórico Xuvenil Meiramar Axóuxeres de Galiza que desde a súa creación representou o folclore galego en diversos festivais, tanto dentro de Galiza como no resto do Estado español e diferentes países Europeos.

Os que o desexen, poderán desfrutar de este espectáculo de mostra e tradición cultural, folclórica e popular de cada un dos países participantes, este vindeiro martes día 7 de Xullo a partir das 22:00 horas no antigo Campo das Redes de Panxón, enfronte das pista polideportivas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: