Actividades Culturais en Nigrán

na_revoltaDentro da Programación Cultural de Verán 2009 do concello de Nigrán, está programado o concerto de música folk a cargo do Grupo Na Revolta, o venres día 17 de Xullo, ás 22:00 horas no antigo Campo das Redes de Panxón, actual aparcadoiro fronte as pistas polideportivas.

Este grupo naceu na primavera do ano 2001 no concello de A Guarda. O seu nome, lonxe de provir de algún levantamento popular, fai referencia a un recuncho do porto da Guarda, onde, un grupo de amigos se xuntaban para tocar e pasar o rato. De ahí naceu este grupo e o seu nome.

Na súa traxectoria atopamos diversos concertos por toda a nosa xeografía e destaca a súa participación en eventos benéficos, actuacións en televisión e no ano 2006 no Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña Francesa.

O ano pasado editaron o seu primeiro disco, gravado en directo nun dos seus concertos.

O sábado día 18 de Xullo a partir das 22:30 horas, no adro da igrexa de Parada, proxectarase a película Kun Fu Panda.

Po é un panda fanático do Kung Fu que a pesar de ser o animal máis folgazán do Val da Paz, será o único que poderá salvar a todos do malvado Tai Lung, un antigo discípulo do Mestre Shifu. Pero para converterse nun guerreiro do Kung Fu, Po deberá soportar duras probas do seu mestre en compaña dos seus cinco compañeiros e demostrar que el o elixido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: