Archive for the Baiona Category

Charla-coloquio sobre o “Plan Boloña” en Baiona

Posted in Baiona with tags , on 22/06/2009 by apeneiradovalminhor

O pasado xoves celebrouse no salon de actos do Colexio de Covaterreña unha Charla-Coloquio sobre a Reforma Universitaria “Plan Boloña”

Realizou a exposición Guillermo Meijón, responsable de educación do PsdeG-PSOE no Parlamento de Galicia. Salientou a boa posición da educación universitaria española para asumir a reforma de Boloña.
Á charla asistiron mozos estudantes e pais de alumnos que participaron dunha forma extremadamente activa no encontro formulando as súas dúbidas e obxeccións á reforma.
En contestación ás mesmas Guillermo Meijón manifestou que o Plan Boloña non supón unha privatización do ensino universitario e que as bolsas se verán ou non diminuídas dependendo da maior ou menor sensibilidade que os gobernos de cada estado teñan á hora de establecer as súas políticas educativas.
Declarou que Boloña pode servir para que se teña unha educación universitaria que sexa publica, accesible a todos os segmentos da poboación, independentemente das súas rendas, e ao tempo cunha calidade excelente.

A Deputación abónalle 152.024€ do PAM o Concello de Baiona para financiar a obra de saneamento no lugar de Baredo-Belesar

Posted in Baiona with tags , , on 14/03/2009 by apeneiradovalminhor

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou abonarlle 152.024 euros ó Concello de Baiona que irán dirixidos a financiar a obra de saneamento do medio rural de Baredo-Baiona-Santa Cristina. O importe desta subvención procede do Plan de Acción Municipal (PAM).

As obras executadas con cargo a esta achega económica consistiron na escavación dunha zanxa de catro metros de profundidade e dous metros de ancho; na dotación dun tubo de PVCde 300 milímetros de diámetro de perfil ríxido no fondo desta zanxa. Así mesmo, colocouse unha solera de formigón unha parede para pozo circular de formigón prefabricado con escaleira de aceiro galvanizado; e un marco circular para un pozo de rexistro; entre outras accións-

O Programa de Acción Municipal xestionado pola Deputación de Pontevedra está dirixido a asegurar a prestación integral e axeitada dos servizos de competencia municipal nos concellos con poboación inferior ós 50.000 habitantes.

Poden acollerse ó mesmo investimentos dirixidos a financiar servizos públicos que teñen que ser xestionados polos concellos como por exemplo a conservación de camiños e vías rurais, servizos sociais, tratamentos de residuos, actividades culturais e deportivas e abastecemento, canalización e saneamento das augas.

Aberta a matriculación na Galescola bainesa

Posted in Baiona with tags , , on 14/03/2009 by apeneiradovalminhor

O prazo de reserva e renovación de matrículas para os nenos e nenas que xa estiverón na Galescola baionesa no pasado curso, ou para os novos que xa teñan irmáns no citado centro, finalizou o 14 de marzo. 

A solicitude de praza para novos usuarios poderá facerse efectiva ata o 15 de abril.

A lista provisional de admitidos publicarase do 15 ó 30 de maio, e o prazo para as reclamacións será de dez días hábiles contados dende a data de publicación. Os admitidos de xeito definitivo daranse a conocer do 15 ó 25 de xuño.

O PSdeG-PSOE de Baiona rexeita as tácticas de axitación, enfrontamento e alarmismo do Alcalde

Posted in Baiona on 25/02/2009 by apeneiradovalminhor

Segundo o PSdeG-PSOE de Baiona o Alcalde pretende ocultar a súa falta de xestión na defensa dos intereses dos veciños, creando alarmismo entre o persoal do concello e os demais cidadáns de Baiona. Eles afirman que a primeira responsabilidade dun gobernante é transmitir tranquilidade e solucións. Non é de recibo que cree alarmismo entre os traballadores do concello e os comerciantes poñendo en cuestión o pago dos seus salarios e o recorte nas festas e celebracións que poden xerar movemento aos negocios dos nosos empresarios. Seguir lendo

O PSdG de Baiona remata as charlas informativas sobre o PXOM nas distintas parroquias

Posted in Baiona, Val miñor on 27/01/2009 by apeneiradovalminhor

Coa última charla celebrada o pasado domingo 25 no Centro Cultural de Baredo, o PSdG-PSOE de Baiona da por rematada a súa visión sobre o PXOM que actualmente se atopa en período de alegacións ata o próximo día 2 de febreiro. Seguir lendo

Baiona terá cun centro de recuperación da Fauna Mariña

Posted in Baiona, Val miñor on 26/01/2009 by apeneiradovalminhor

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o Ministerio de Medio Ambiente,  Medio Rural e Mariño, levarán a cabo o proxecto para a construcción do Centro de Recuperación da Fauna Mariña, pioneiro en Galicia, e que será o centro de referencia para prestar atención clínica e desenvolver estudos sobre os animais mariños. Seguir lendo

Charlas informativas sobre o PXOM de Baiona

Posted in Baiona, Val miñor on 20/01/2009 by apeneiradovalminhor

O PSdG-PSOE de Baiona realizará ao longo desta semana as charlas informativas sobre o PXOM de Baiona polas distintas parroquias do Concello para analizar de forma xenérica o Plan Xeral que pretende aprobar o Sr. Alcalde Xesús Vázquez Almuiña e que agora se atopa en período de exposición pública para a presentación de alegacións por parte dos veciños e asociacións interesadas no plan. Seguir lendo