Archive for the Gondomar Category

Caixanova e o Concello de Gondomar asinan un convenio de colaboración en materia cultural

Posted in Gondomar with tags , on 16/07/2009 by apeneiradovalminhor

·:·: A rúbrica deste acordo contempla a realización de importantes actuacións culturais na vila para todo tipo de público :·:·

Caixanova e o Concello de Gondomar subscribiron un convenio de colaboración en materia cultural que permitirá aos veciños desta localidade gozar dunha programación de calidade durante o mes de agosto. O alcalde, Martín Urgal, e o director de Zona Val Miñor-Baixo Miño de Caixanova, Lino Álvarez, foron os encargados de rubricar o acordo.

Seguir lendo

Cacerolada contra a Moción de Censura en Gondomar

Posted in Gondomar with tags , on 06/07/2009 by apeneiradovalminhor

Comunicado de Prensa da Oposición de Gondomar

Posted in Gondomar with tags , on 06/07/2009 by apeneiradovalminhor

Os plenos ordinarios de xuño e xullo
Os grupos da oposición de Gondomar manifestan ante os medios de comunicación o seu malestar ante o que consideran “a última perversión de Antonio Araúxo como alcalde”. Así, en relación aos plenos ordinarios celebrados esta semana, a oposición de Gondomar reafirma a súa postura e manifesta que “unha vez convocado un pleno extraordinario para o debate dunha moción de censura non ten sentido ningún convocar un pleno ordinario, e moito menos dous”. PP, PSOE e MoveGondomar recordan que o pleno celebrado onte, tíñase que ter celebrado o primeiro xoves do mes de xuño, e “non na mesma semana que o de xullo, sen convocar ningunha comisión informativa, tarde, mal e arrastro, seguindo a tónica xeral dos últimos anos”. En opinión da oposición estes plenos non son máis que “un teatrillo para que Antonio Araúxo exprima o seu victimismo ata o final”.

Seguir lendo

Programación Cultural Gondomar 2009

Posted in Gondomar with tags on 06/07/2009 by apeneiradovalminhor

O venres 24 de Xullo na Praza da Alameda de Gondomar, ás 22.30 horas o Concello de Gondomar da inicio a súa programación de Cultura para este verán 2009

Despois de facer unha complicada selección para artellar unha programación cultural variada e aberta a tódolos públicos de Gondomar para este ano 2009; a Concelleira de Cultura Dna Fátima Rodríguez Areal presenta a unha programación cultural no Concello de Gondomar ampla e variada.
Seguir lendo

Xornada informativa: Novas tarifas eléctricas RD 485/2009

Posted in Gondomar with tags on 03/07/2009 by apeneiradovalminhor

O Concello de Gondomar e a Asociación de Comerciantes de Gondomar ( Achego) en colaboración coa Consultoria Enerxía e Sostibilidade, ofrecerán o vindeiro Luns 6 de xullo, ás 20,30h. no Auditorio Luis Tobío, unha parola informativa sobre as novas tarifas eléctricas RD 485/2009 que entraron en vigor o pasado día 1 de Xullo.
Ante a escasa información por parte das compañías eléctricas e falta de previsión das Administracións á hora de implementar este importante cambio, se informará aos consumidores sobre a repercusión da nova normativa nas facturas eléctricas, os requisitos para acollerse ao Bono social, e recomendacións á hora de contratar coas compañías comercializadoras.
Esta xornada vai dirixida a pequenas e medianas empresas, sen deixar de lado aos consumidores domésticos, posibles beneficiarios da tarifa reducida (Bono social).

Comunicado de prensa da Oposición de Gondomar

Posted in Gondomar with tags , on 01/07/2009 by apeneiradovalminhor

“Diagnóstico da realidade política do Concello de Gondomar”

Os grupos da oposición da Corporación de Gondomar –PP, PSOE e MoveGondomar-, que presentaron unha Moción de Censura contra o alcalde Antonio Araúxo, mantiveron ao longo desta fin de semana diversos encontros de traballo co obxectivo de detallar e profundizar no diagnóstico da situación administrativa, política e social na que está inmerso o Concello de Gondomar tras dous anos de goberno en Gondomar. A continuación, detallamos esta análise.

Seguir lendo

A fogueira dos versos

Posted in Gondomar with tags , on 22/06/2009 by apeneiradovalminhor

O próximo martes, 23 de xuño, Espazo Lectura celebrará a noite de San Xoán na Casa da Lectura cunha actividade na que xuntaremos poesía, lume e contos: a fogueira dos versos. A sesión, que toma prestado o nome dun poemario de Antonio García Teijeiro, comezará con música a partir das 22:30h, continuará logo, contra as 12 da noite, cunha lectura de poemas arredor dun pequeno lume e rematará cunha sesión de contacontos a cargo do actor Santi Prego, que nos deleitará coas súas historias á luz da pequena fogueira.
Seguir lendo