Archive for the Nigrán Category

Actividades Culturais en Nigrán

Posted in Nigrán with tags , , , on 14/07/2009 by apeneiradovalminhor

na_revoltaDentro da Programación Cultural de Verán 2009 do concello de Nigrán, está programado o concerto de música folk a cargo do Grupo Na Revolta, o venres día 17 de Xullo, ás 22:00 horas no antigo Campo das Redes de Panxón, actual aparcadoiro fronte as pistas polideportivas.
Seguir lendo

Advertisements

III Festival Folclórico Internacional de Nigrán

Posted in Nigrán with tags , on 06/07/2009 by apeneiradovalminhor

A Concellaría de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Valverde Pino, quere informar aos medios de comunicación social que dentro da Programación Cultural de Verán 2009 para o martes día 7 de Xullo está programado o III Festival Folclórico Internacional ás 22:00 horas no antigo Campo das Redes de Panxón, actual aparcadoiro fronte as pistas polideportivas.
Seguir lendo

Congreso “Educación e Emigración (1900-1936)” mo Ies Escolas Proval de Nigrán

Posted in Nigrán on 17/06/2009 by apeneiradovalminhor

Entre o 29 de xuño e o 3 de xullo celebrarase no IES Escolas Proval de Nigrán o Congreso “Educación e Emigración (1900-1936) O congreso organízase con motivo do 1º Centenario das Escolas da Unión Hispanoamericana Valle Miñor (1909-2009).
O IES Escolas Proval, o Instituto de Estudos Miñoranos e o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega organizan o congreso.

O 5 de xaneiro de 1905 constituíuse en Buenos Aires a Unión Hispano Americana Pro-Valle Miñor unha das sociedades de emigrantes pioneiras que perseguía entre outros obxectivos a creación de centros de educación e instrucción xeral, escolas prácticas de artes e oficios, campos de experimentación agrícola, clases nocturnas para adultos, bibliotecas populares, museos de obxectos hispanoamericanos e conferencias de divulgación científica.
Seguir lendo

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Nigrán celebrou o maio máis informático

Posted in Nigrán with tags on 08/06/2009 by apeneiradovalminhor

:·:·: Nigrán acolle cursos para achegar a informatica á xente :·:·:

dianmizacion

Perderlle o medo aos ordenadores. Eis o traballo que veñen realizando dende a Rede de Dinamización da Sociedade da Información. A rede conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega. En Nigrán teñen o seu local na rúa Curros Enriquez nº 3 onde Paula Castro é a responsable de coordinar e realizar os diferentes cursos, encontros e obradoiros de introducción á informatica e a internet. “Os alumnos e alumnas que temos son, sobretodo, xente maior de 35 anos e ata os 80”, comenta Paula. Precisamente nesa franxa de idade é onde máis necesidade hai de coñecemento das novas tecnoloxías segundo datos estatísticos.

Un maio especial
Para a Rede maio foi un mes especial. Ademais do obxectivo de fomentar o sofware libre, este organismo fomenta o uso da lingua galega Por ese motivo aproveitaron a coincidencia de que o día 17 de maio eran as Letras Galegas e, ademais, o Día Internacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, para contar cun programa especial. “Ademais dos obradoiros mensuais fixemos un curso de alfabetización dixital en colaboración co CIM”, sinala Paula, “e levamos a cabo unha semana temática ao redor da figura de Ramón Piñeiro”. Os alumnos e alumnas buscaron información sobre o homenaxeado ao tempo que aprendían o uso do ordenador e a navegación por internet.

Continúa aberto o prazo de inscrición nos diversos obradoiros de alfabetización dixital

Posted in Nigrán with tags on 22/04/2009 by apeneiradovalminhor

Rede de Dinamización da Sociedade da Información
A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Seguir lendo

Exposición fotográfica “A escena en foco” en Nigrán

Posted in Nigrán with tags , on 20/04/2009 by apeneiradovalminhor

A exposición fotográfica itinerante ¨ A Escena en Foco¨, logo de pasar polos concellos de Tui e Baiona recala agora no Concello de Nigrán, concretamente instalarase na sala de exposicións do Centro Antena de Panxón en horario de 10 a 14:30 horas da mañán e de 18 a 21 horas en horario de tarde a partir do vindeiro martes 21 ao xoves 30 de abril.

¨A Escena en Foco¨ é unha exposición sobre a visión do teatro a través do obxetivo do fotógrafo, onde se recollen momentos de espectáculos, ensaios, teatro de rúa etc.

Conformándoa un total de 20 instantáneas, os fotógrafos Cesar Carballo, Carme Barreiro, Andrea Costas e Nacho Gómez dan a súa particular visión do mundo da escena teatral.

Cursiño gratuíto e básico de “Fontanería e Electricidade destinado a Mulleres”

Posted in Nigrán with tags , , on 15/04/2009 by apeneiradovalminhor

fontaneraA Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Nigrán a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un cursiño gratuíto e básico de “Fontanería e Electricidade destinado a Mulleres”.

O curso vai a impartirse na Escola Obradoiro de Nigrán en horario de tarde de 16:00 h. 19:00 h. do 21 de abril ao 21 de maio e complementarase na última xornada cun módulo de igualdade. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres situado na Estrada polo Vía, 65 Panxón ( antiga estación do tranvía ). Teléfono 986 383081 E-mail: cim@nigran.org