Archive for the Val miñor Category

Nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos

Posted in Val miñor with tags , , on 13/07/2009 by apeneiradovalminhor

senderismo_2007_01Continúan as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos. A proposta de hoxe volve ás rutas de sendeirismo.
Trátase dun percorrido de sendeirismo no que visitaremos algúns dos ecosistemas máis típicos da zona. Acadaremos unha pequena meseta que nos mostra dende Paredes de Coura en Portugal, o val do Miño ata o Tegra polo sur, polo oeste e noroeste unha visión a cualificar do Val Miñor, Rías de Vigo, Arousa,…as illas Estelas, Cíes, Ons ,…e revisaremos algunhas peculiaridades da vexetación da zona.

Ruta de sendeirismo circular por Peitieiros e Morgadáns

Mércores, 15 de xullo de 2009
Hora: 17,30
Saída do Local do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda da Feira, 10. Gondomar)
Guías: Antonio Lago e Xosé Ramón García

Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos

Posted in Val miñor with tags , , on 06/07/2009 by apeneiradovalminhor

Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por oitavo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Seguir lendo

Recital de Guitarra Clásica a cargo do guitarrista californiano Tony D’arco na “Aula de Cultura de Ponte de Rosas”

Posted in Val miñor with tags , on 12/06/2009 by apeneiradovalminhor

tony_d_arco

O Instituto de Estudos Miñoranos organiza o próximo venres 12 de xuño, ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) un recital de guitarra clásica a cargo do guitarrista californiano Tony D´Arco.

Seguir lendo

Día Internacional do Teatro en Gondomar

Posted in Gondomar, Val miñor with tags , on 17/03/2009 by apeneiradovalminhor

foto-bailadela-73O sábado 21 de Marzo no Auditorio Lois Tobío, ás 22.00 horas o Concello de Gondomar celebra o Día Internacional do Teatro premiando pola súa traxectoria á compañía gañadora do último premio MAX na categoría de Mellor Autor Teatral “Teatro de Ningures” que representará a obra “Bailadela da Morte Ditosa” do gran dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño.

Despois de levar ós escenarios, nos últimos anos, tres textos tan diferentes como “Tartufo”, “Misericordia” e “Emigrados” (co que gañaron o premio MAX 2009 na categoría de Mellor Texto Teatral -unha comedia clásica, unha áceda crítica social e unha obra contemporánea escrita a cinco mans por outros tantos autores galegos-, en Teatro de Ningures ven clara a necesidade de continuar a traballar unha vez máis nesa última liña: a de levar a escena outra obra galega contemporánea que toque temas de hoxe –e de sempre, neste caso- que toque a tecla da sensibilidade do espectador/ora de aquí e de agora.

Seguir lendo

O Piragüismo Val Miñor- Frioya protagonista da Gala da FGP

Posted in Val miñor on 06/02/2009 by apeneiradovalminhor

antia loira

Santiago Sanmamed anuncia na Gala que non se presentará á reelección á presidencia da RFEP se non gana en Galicia

O Gran Hotel de Lugo foi sede da Gala 2009 da Federación Galega de Piragüismo onde entregábanse os galardóns aos mellores da tempada 2008. O Club Piragüismo Val Miñor-Frioya de Nigrán logrou na tempada 2008 colarse por primeira vez en súas 6 anos en competición no podio de honor da Copa Xunta de Galicia. Seguir lendo

Aprobación Definitiva da “Modificación (nº 18) das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal”

Posted in Nigrán, Val miñor on 27/01/2009 by apeneiradovalminhor

 A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia ven de aprobar definitivamente,  na Orde do 15 de decembro de 2008, a “Modificación (nº 18 ) das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal referida a cambio de regulación das condicións de edificación dos locais comerciais”. Seguir lendo

O PSdG de Baiona remata as charlas informativas sobre o PXOM nas distintas parroquias

Posted in Baiona, Val miñor on 27/01/2009 by apeneiradovalminhor

Coa última charla celebrada o pasado domingo 25 no Centro Cultural de Baredo, o PSdG-PSOE de Baiona da por rematada a súa visión sobre o PXOM que actualmente se atopa en período de alegacións ata o próximo día 2 de febreiro. Seguir lendo