Programación Cultural Gondomar 2009

Posted in Gondomar with tags on 06/07/2009 by apeneiradovalminhor

O venres 24 de Xullo na Praza da Alameda de Gondomar, ás 22.30 horas o Concello de Gondomar da inicio a súa programación de Cultura para este verán 2009

Despois de facer unha complicada selección para artellar unha programación cultural variada e aberta a tódolos públicos de Gondomar para este ano 2009; a Concelleira de Cultura Dna Fátima Rodríguez Areal presenta a unha programación cultural no Concello de Gondomar ampla e variada.
Seguir lendo

Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos

Posted in Val miñor with tags , , on 06/07/2009 by apeneiradovalminhor

Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por oitavo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Seguir lendo

Xornada informativa: Novas tarifas eléctricas RD 485/2009

Posted in Gondomar with tags on 03/07/2009 by apeneiradovalminhor

O Concello de Gondomar e a Asociación de Comerciantes de Gondomar ( Achego) en colaboración coa Consultoria Enerxía e Sostibilidade, ofrecerán o vindeiro Luns 6 de xullo, ás 20,30h. no Auditorio Luis Tobío, unha parola informativa sobre as novas tarifas eléctricas RD 485/2009 que entraron en vigor o pasado día 1 de Xullo.
Ante a escasa información por parte das compañías eléctricas e falta de previsión das Administracións á hora de implementar este importante cambio, se informará aos consumidores sobre a repercusión da nova normativa nas facturas eléctricas, os requisitos para acollerse ao Bono social, e recomendacións á hora de contratar coas compañías comercializadoras.
Esta xornada vai dirixida a pequenas e medianas empresas, sen deixar de lado aos consumidores domésticos, posibles beneficiarios da tarifa reducida (Bono social).

Comunicado de prensa da Oposición de Gondomar

Posted in Gondomar with tags , on 01/07/2009 by apeneiradovalminhor

“Diagnóstico da realidade política do Concello de Gondomar”

Os grupos da oposición da Corporación de Gondomar –PP, PSOE e MoveGondomar-, que presentaron unha Moción de Censura contra o alcalde Antonio Araúxo, mantiveron ao longo desta fin de semana diversos encontros de traballo co obxectivo de detallar e profundizar no diagnóstico da situación administrativa, política e social na que está inmerso o Concello de Gondomar tras dous anos de goberno en Gondomar. A continuación, detallamos esta análise.

Seguir lendo

A fogueira dos versos

Posted in Gondomar with tags , on 22/06/2009 by apeneiradovalminhor

O próximo martes, 23 de xuño, Espazo Lectura celebrará a noite de San Xoán na Casa da Lectura cunha actividade na que xuntaremos poesía, lume e contos: a fogueira dos versos. A sesión, que toma prestado o nome dun poemario de Antonio García Teijeiro, comezará con música a partir das 22:30h, continuará logo, contra as 12 da noite, cunha lectura de poemas arredor dun pequeno lume e rematará cunha sesión de contacontos a cargo do actor Santi Prego, que nos deleitará coas súas historias á luz da pequena fogueira.
Seguir lendo

Charla-coloquio sobre o “Plan Boloña” en Baiona

Posted in Baiona with tags , on 22/06/2009 by apeneiradovalminhor

O pasado xoves celebrouse no salon de actos do Colexio de Covaterreña unha Charla-Coloquio sobre a Reforma Universitaria “Plan Boloña”

Realizou a exposición Guillermo Meijón, responsable de educación do PsdeG-PSOE no Parlamento de Galicia. Salientou a boa posición da educación universitaria española para asumir a reforma de Boloña.
Á charla asistiron mozos estudantes e pais de alumnos que participaron dunha forma extremadamente activa no encontro formulando as súas dúbidas e obxeccións á reforma.
En contestación ás mesmas Guillermo Meijón manifestou que o Plan Boloña non supón unha privatización do ensino universitario e que as bolsas se verán ou non diminuídas dependendo da maior ou menor sensibilidade que os gobernos de cada estado teñan á hora de establecer as súas políticas educativas.
Declarou que Boloña pode servir para que se teña unha educación universitaria que sexa publica, accesible a todos os segmentos da poboación, independentemente das súas rendas, e ao tempo cunha calidade excelente.

Congreso “Educación e Emigración (1900-1936)” mo Ies Escolas Proval de Nigrán

Posted in Nigrán on 17/06/2009 by apeneiradovalminhor

Entre o 29 de xuño e o 3 de xullo celebrarase no IES Escolas Proval de Nigrán o Congreso “Educación e Emigración (1900-1936) O congreso organízase con motivo do 1º Centenario das Escolas da Unión Hispanoamericana Valle Miñor (1909-2009).
O IES Escolas Proval, o Instituto de Estudos Miñoranos e o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega organizan o congreso.

O 5 de xaneiro de 1905 constituíuse en Buenos Aires a Unión Hispano Americana Pro-Valle Miñor unha das sociedades de emigrantes pioneiras que perseguía entre outros obxectivos a creación de centros de educación e instrucción xeral, escolas prácticas de artes e oficios, campos de experimentación agrícola, clases nocturnas para adultos, bibliotecas populares, museos de obxectos hispanoamericanos e conferencias de divulgación científica.
Seguir lendo