Arquivo para Instituto de Estudos Miñoranos

Nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos

Posted in Val miñor with tags , , on 13/07/2009 by apeneiradovalminhor

senderismo_2007_01Continúan as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos. A proposta de hoxe volve ás rutas de sendeirismo.
Trátase dun percorrido de sendeirismo no que visitaremos algúns dos ecosistemas máis típicos da zona. Acadaremos unha pequena meseta que nos mostra dende Paredes de Coura en Portugal, o val do Miño ata o Tegra polo sur, polo oeste e noroeste unha visión a cualificar do Val Miñor, Rías de Vigo, Arousa,…as illas Estelas, Cíes, Ons ,…e revisaremos algunhas peculiaridades da vexetación da zona.

Ruta de sendeirismo circular por Peitieiros e Morgadáns

Mércores, 15 de xullo de 2009
Hora: 17,30
Saída do Local do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda da Feira, 10. Gondomar)
Guías: Antonio Lago e Xosé Ramón García

Advertisements

Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos

Posted in Val miñor with tags , , on 06/07/2009 by apeneiradovalminhor

Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por oitavo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Seguir lendo

Exposicións artísticas na Aula de Cultura Ponte de Rosas

Posted in Gondomar with tags , , on 16/06/2009 by apeneiradovalminhor

O Instituto de Estudos Miñoranos continua coas súas exposicións artísticas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar).
O próximo mércores 17 de xuño ás 20:30h. teremos a inauguración, aberta ao público do escultor miñorano VÍCTOR LORENZO Baiona, 1968.
Seguir lendo